lunes, 6 de octubre de 2014

Cronica

Setembro, ou seca as fontes ou levas as pontes!!!

Un novo curso comeza e volvemos a reencontrarnos todos, algunha ausencia por ser o primeiro día pero confiamos en que nos acompañarán próximamente. Tras os saúdos iniciais poñémonos en marcha; para animar, penso eu, dixo o “profe” Angel que hoxe comezabamos con algo lixeiriño pero ó rematar non todos opinábamos o mesmo….

Alá imos, camiño da Pontenova. Chegamos ó pobo e paramos a tomar un café que ainda os ollos están pechados e para ir facendo ganas unha pequeña parada en Sanxés, donde un artista do lugar fai unhas fermosas pezas esculpidas das árbores. Só nos quedaban unhas poucas curvas máis e xa estabamos na parroquia de Barreiros onde comeza a ruta.

Foto de rigor e a camiñar… A temperatura é fresquiña pero non ameaza choiva así que todo está ó noso favor. Comezamos a baixar para adentranos na gran fraga de árbores autóctonas, en breve xa estamos rodeados de castaños, acibros, carballos, abelás ,… A ruta transcurre ó carón do río das Reigadas donde as pequenas cascadas e as pontes nos sorprenden a cada pouco. Non sería equivocado que lle chamasemos a “ruta das pontes” porque haber habías e non se pode decir que foran construidas por Norman Foster… algún e algunha acordarase da Pontenova por ter que cruzar o río tantas veces.

O primeiro tramo remata na fonte de Paradela pero xa vimos maravillados da fermosura, sensación de paz e tranquilidade que transmite a ruta. Adentrámonos de novo nunha frondosa fraga, a fraga de Vilarxuvín; sufrindo algún traspés motivado polo esbaradío que está o chan podemos ir contemplando algunha corripa que nos levan a pensar en repor forzas. E así o facemos para logo continuar ata un vello Muiño, exemplo da enxeñería dos nosos avós.

Rematamos a fraga e chegamos á Ferrería de Bogo, creada para aproveitar a enerxía do río das Reigadas e a riqueza férrea da zoa, agora convertida nun conxunto etnolóxico; un lugar perfecto para unha pequeña parada e ó mesmo tempo coller unha laranza, un figo,… ou soamente admirar a paisaxe.

Encaramos o derradeiro tramo da ruta e chegamos a unha fermosa ponte de diseño minimalista (non vou dar máis datos para que quen na coñeza a descubra), pasamos por pequeñas aldeas que nos conducirán ó final e, como xa nos anunciara Angel, alí nos espera a Tenda de Manolo, tenda coma as de antes donde podes atopar de todo e botar unha parrafada co dono; algún de nós deixou alí os cartiños pero foi recompensado cun bo paquete de galletas de coco.

Propoño que ó rematar cada ruta haxa unha tenda de Manolo, pensando nesa recompensa seguro que camiñamos con máis entusiasmo se cabe. Churrascada, viño e licor e a pola seguinte ruta camiñantes!!!!

Belén Pena Vazquez